El Disparate
Aparencia
El Disparate | |
---|---|
Fundación | 1910 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | A Lama |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Disparate foi un periódico editado na Lama entre 1910 e 1914.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico informal, apareceu en 1910. Empezou a saír cada dez días (os días 1, 10 e 20 de cada mes). Imprimíase nos talleres tipográficos da viúva de J.A. Antúnez de Pontevedra. Publicación católica caracterizada por soster profundas polémicas, especialmente con El Eco de Puente-Caldelas na súa primeira época e La Voz de Puente-Caldelas. Publicou en galego algúns contos e coplas. Cesou a súa edición co número 109, o 10 de setembro de 1914.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Disparate, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 448. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.